Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Grupo Rodriguez e Pardo, o fruto do traballo ben feito
Blogue do Grupo Rodríguez e Pardo

Grupo Rodriguez y Pardo, su constructora de confianza Apoya Ecoogler.com el buscador ecológico

17/10/2008 GMT 1

O celeiriño 3ªparte

joberpa @ 19:51

Novo fracaso para solventar o problema provocado en O Celeiriño
04-10-08

Casas apuntaladas na rua Atalaia - Foto de arquivo de O Celeiriño
CELEIRO .- O barrio de O Celeiriño, na parroquia viveirense de Celeiro, viviu outro capitulo fora do guión previsto por técnicos e gobernantes. O día dous de outubro foi necesario que deixaran as vivendas dúas ducias de veciños ante o perigo de que se desmoronasen as súas casas ó ceder un muro de contención da obra de un edificio da rúa do Porto.
Os males deste barrio comezaron fai preto de ano e medio o ceder un muro que delimita un terreo da rúa do Porto co Celeiriño. Para remedialo construíuse un muro de contención perimetral no citado solar tratando de evitar que se derrubase a parte posterior e se danasen as vivendas, pero a contención cedeu e desprazouse varios centímetros, danando as casas, parte delas xa gretadas e apuntaladas por problemas anteriores a causa da mesma obra.
O mal causado fai meses no barrio de O Celeiriño segue sen solución e, fora de guión, desmoronase por capítulos mentres que técnicos e gobernantes non atopan a solución correcta.

Comentarios

Tu pagina web por menos de 1EURO al dia. informate en el 615598590

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Tu pagina web por menos de 1EURO al dia. informate en el 615598590

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis